"O coñecemento tórnase obsoleto, pero a sabiduría pasa de xeración en xeración.
Apreciamos a sabiduría"
Hirotaka Takeuchi
Quen
somos
SANDE Y DÍAZ é especialista en equipos de bombeo dende 1975 para aplicacións navais e industriais. Ofrecemos produtos e solucións integrais en tratamento da auga, control de fluídos e depuración de augas residuais, brindando unha atención personalizada e profesional tanto en proxectos pequenos coma nos de maior envergadura

Dende Galicia a toda Europa
SANDE Y DÍAZ é unha empresa privada con sede en Galicia que subministra maquinaria industrial principalmente a nivel nacional pero tamén en toda Europa. Os principais mercados aos que nos diriximos son a industria naval, alimentación e bebidas, acuicultura, tratamento da auga e augas residuais e industria en xeral.
A integridade dirixe todo o noso pensamento, comportamento e a forma na que alimentamos as relacións cos nosos clientes. Suministramos produtos e tecnoloxías basados nos máis altos estándares de calidade, certificados e homologacións, para os entornos industriais máis esixentes. O noso compromiso co cliente reflíctese na súa fidelidade.
Integridade, calidade e orientación ao cliente


Máis de 45 anos de experiencia
A nosa grande experiencia acumulada traballando con bombas, produtos de tratamento da auga e instrumentos de control de fluídos, asesorando aos nosos clientes e resolvendo múltiples problemas prácticos, avala a nosa profesionalidade e permítenos ofrecer asesoría técnica e brindar a solución máis axeitada para cada caso.
Historia
1975
Fundación
A empresa é fundada polo Sr. Sande e o Sr. Díaz, quen tiñan unha longa experiencia técnica en maquinaria para o sector naval. Brindaron un asesoramento técnico moi valioso aos primeiros clientes
1975
Bombas Azcue SA
Fírmase un acordo de representación con BOMBAS AZCUE como seu primer axente no mundo. É así como se incorporan estas fiábeis e prestixiosas bombas navais ao noso volume de suministro
1985
Tratamento da auga
A especialización en produtos e servizos no tratamento da auga comeza cos primeiros proxectos en industrias en terra: filtración, desferrización, tratamentos anticorrosión, ...
1995
Líderes en bombas
O traballo continuo e o saber facer posicionan á nosa empresa e a Bombas Azcue como líderes no mercado da construción naval, na nosa área de influencia, cunha cota de mercado cercana ao 90%
2008
Relevo xeracional
Tras anos de preparación prodúcese un exitoso relevo xeracional na xestión da empresa. A nova dirección impulsa novos proxectos no sector medioambiental
2012
Certificados
Os nosos certificados ISO 9001, do sistema de xestión da calidade, e ISO 14001, do sistema de xestión ambiental, acreditados por LLoyd's Register, garanten a calidade i eficiencia das nosas operacións, así como o compromiso co medioambiente
2017
Bernoulli System AB
Acordo de colaboración co fabricante sueco para a distribución de filtros autolimpantes automáticos e separadores ciclónicos
2019
Expansión xeográfica
Coa axuda de novos socios europeos e a asistencia como expositores a feiras internacionais do sector da auga, o noso área de actuación exténdese a toda Europa en produtos para a filtración e desinfección de auga
Competencias
Asistencia profesional
fornecendo a opción máis axeitada para cada caso
Confianza do cliente
só equipos de primeira calidade e certificados
Servizo postvenda
ao cliente durante todo o ciclo de vida do produto
12 meses de garantía
tranquilidade ante calquera defecto de fabricación
Enxeñaría de procesos
solucións en xestión de fluídos para procesos industriais
Chave en man
encargámonos de todo no teu proxecto de tratamento de auga
Pezas orixinais
que garanten fiabilidade e longa vida útil
Almacén
grande stock para acurtar os tempos de entrega de repostos e bombas pequenas
Resolución de problemas
a experiencia axúdanos a tomar boas decisións
Servicio de reparación
para todas as marcas dos nosos socios