SANDE Y DÍAZ ofrece solucións integrais para o ciclo da agua, sistemas hidráulicos ou xestión de fluídos, cumprindo cos máis altos estándares industriais. A nosa empresa realiza traballos de instalación e posta en servicio por profesionais competentes

Empresa de
solucións

            Ofrecemos servizos de mantemento planificado e mantemento correctivo que garanten que a súa instalación de bombeo esté sempre en óptimas condicións. Tamén contamos cun servizo de reparación de equipos, onde utilizamos únicamente repostos orixinais, o que minimiza o tempo de inactividade da súa instalación. Un gran stock no noso almacén da Coruña, tempos de entrega xeralmente máis cortos ca os dos nosos competidores e unha loxística de entrega áxil permítennos maximizar a dispoñibilidade

Instalación, posta en marcha e  
solucións chave en man

Os nosos técnicos teñen anos de experiencia e coñecemento de múltiples sistemas, o que garante que o seu proceso completo funcione correctamente

 

   Instalacións de sistemas e bombas

   Sistemas de filtración

   Sistemas de dosificación de produtos químicos

   Modificación e instalación de tuberías e válvulas

   Plantas potabilizadoras de tratamento de augas chave en man

   Instalacións de sistemas de desinfección de auga

   Instalacións de tanques e recipientes a presión

   Sistemas de compresores e equipos de aire a presión

   Instalacións de automatismos e cadros de control

   Sistemas de tratamento de augas industriais

   Localización de averías e identificación das causas

   Instalacións de equipos de medición de caudais

   Instalacións de sistemas de procesos industriais

   Instalacións de sistemas de protección contra incendios

 

Soporte técnico

Odoo image and text block

Máis de 45 anos de experiencia permítennos brindar  valor engadido aos nosos clientes

Odoo image and text block

Propoñemos solucións fiables en depuración de auga, tratamento de auga e control de fluídos  

Odoo image and text block

  Selección da bomba máis axeitada para o seu sistema de transporte de fluídos  

Odoo image and text block

Amplia colaboración con
empresas de enxeñería

nos seus proxectos técnicos

Repostos orixinais

Amplio stock de repostos orixinais das marcas das que somos axente autorizado á súa disposición.
Pense en cómo as pezas orixinais poden beneficiar á súa empresa

Garantía

Os repostos orixinais permítennos seguir ofrecendo a garantía do fabricante do equipo. Lembre que o uso de repostos xenéricos ou modificados pode anular a garantía do equipo


Funcionalidade

Os fabricantes axustan os seus equipos para permitiren aos seus clientes maximizar o rendimento e a produción dos seus sistemas ao garantir a actualización dos seus repostos orixinais


Compatibilidade

Aínda que se parezan e poidan funcionar igual, os repostos xenéricos non teñen necesariamente a mesma composición ca os orixinais. Pezas que non se fabrican coas mesmas tolerancias, buratos que non están aliñados provocando un mal axuste durante a instalación, soldadura deficiente que pode provocar fendeduras e estragar a calidade de todo o conxunto. Os repostos orixinais teñen un atributo importante en comparanza cos xenéricos: compatibilidade


Dispoñibilidade

 Entendemos que o tempo de inactividade é extremadamente custoso, polo que almacenamos os componentes máis comúns e esenciais para o funcionamento do seu equipo. Para o resto de compoñentes, a disponibilidade habitual é dunhas 2 semanas - consúltenos polo seu caso


Durabilidade

O uso de repostos orixinais é fundamental para alongar a vida útil do equipo. As pezas orixinais están deseñadas para durar cumprindo os parámetros de fábrica, o que aumenta os intervalos entre mantementos


Calidade

Ninguén coma o fabricante coñece o seu equipo. Os repostos orixinais están deseñados especificamente para eles, con materiais e procesos de fabricación que requiren os seus propios controis de calidade


Odoo image and text block
Odoo image and text block
Odoo image and text block
Odoo image and text block

Servizo postventa

 Procuramos a comodidade e máxima satisfacción dos nosos clientes logo de realizaren a súa compra 


  Manter o contacto cos nosos clientes permítenos identificar eidos de mellora e ao longo prazo mellorar o produto

  Equipo técnico a disposición do cliente co saber facer preciso para solucionar calquera problema que poida xurdir no uso, configuración ou instalación do produto

  Garantía do produto contra defectos de fabricación e servizo de xestión de cambios ou devolucións con recargo

Mantemento de instalacións

Servizo de mantemento preventivo, mantemento correctivo e servizo de urxencias 24 h

  Os plans de conservación ou mantemento preventivo inclúen inspeccións periódicas da súa maquinaria, co fin de comprobar o seu estado i evitar futuras avarías

  Realizar un bo mantemento da maquinaria fai que a súa instalación sexa máis rendible a longo prazo, evita paralizar o proceso produtivo por avarías e permite alongar a vida útil dos equipos, o que supón unha grande vantaxe competitiva

   O mantemento correctivo encárgase de arranxar ou realizar unha mellora na maquinaria en caso de emerxencia. Os nosos contratos de mantemento inclúen este tipo de actuacións, que se levan a cabo previa aprobación do presuposto

   O servizo 24 horas ponse a disposición do cliente para atender emerxencias ou avarías provocadas por eivas distintas aos de mantemento

Servizo de reparación

 

   Identificar a causa principal da falla do equipo é clave para garantir que poidamos aconsellar a opción máis efectiva de reparación ou substitución de pezas, o que resulta na eliminación de fallas persistentes do sistema.
O noso equipo ten experiencia na realización de reparacións, dende a simple substitución do selo da bomba ata o reacondicionamento completo da pranta de tratamento de augas residuais. O noso servizo de reparación en taller está especializado nas marcas que representamos
.

Garantía

12 meses
  garantía ofrecida polos fabricantes contra eivas do fabricante

15 días
servizo de devolución de produtos, sempre que estean en perfectas condicións con recargo

Homologación
 produtos homologados polas sociedades de clasificación máis prestixiosas

Almacén
  servizo de depósito nas nosas instalacións por tempo limitado

Especialistas en

equipos de bombeo tratamento da auga e depuración de augas residuais

Non dubides en poñeres en contacto con nós e cóntanos o qué podemos facer por ti